LEC Refrigeration Racing
Nome completo | LEC Refrigeration Racing |
---|---|
Bandeira | Reino Unido |
Baseada en | Reino Unido |
Tempadas en activo | 2 (1973 e 1977) |
Número de pilotos | David Purley |
Debut | Gran Premio de Mónaco de 1973 |
Carreiras | 10 [1] |
Campionatos de Construtores | 0 |
Campionatos de Pilotos | 0 |
Vitorias | 0 |
Pole positions | 0 |
Voltas Rápidas | 0 |
Puntos totais | 0 |
Derradeiro GP | Gran Premio do Reino Unido de 1977 |
[[Ficheiro:|40x40px|none|link=]] | A Galipedia ten un portal sobre: fórmula 1 |
LEC foi un equipo e construtor de Fórmula 1 do Reino Unido. Participaron en dez Grandes Premios, cun March en 1973. En 1977 construíron o seu propio coche, o LEC CRP1.
Fórmula Un
[editar | editar a fonte]1973
[editar | editar a fonte]En 1973 David Purley alugou un March 731 e co apoio da empresa de refrixeración da súa familia LEC Refrigeration, intentouno con pouco éxito na Fórmula Un. O equipo de Purley fixo o seu debut en Mónaco, onde rompéuselle o tanque de combustible. Purley non puido saír no GP do Reino Unido logo dun trompo. Foi no Gran Premio dos Países Baixos de 1973, onde pode dicirse que Purley realizou o seu acto máis memorable. Tras ser testemuña dun accidente que deixou ao piloto británico Roger Williamson atrapado no seu coche envorcado e ardendo, Purley abandonou a carreira e tratou de salvar a Williamson, que participaba na súa segunda carreira de Fórmula Un. Purley recorda que ao chegar á escena, oíu a Williamson pedindo axuda cando o lume comezaba a tomar forza. Os esforzos de Purley por extinguir as chamas foron en balde xa que non recibiu ningunha axuda dos comisarios de pista próximas nin das asistencias de urxencias, malia os seus intentos para animalos, o rsto dos pilotos non pararon, para vir na súa axuda; Williamson morreu por asfixia. Desafortunadamente, os comisarios non levaban roupa resistente ao lume e os pilotos que pasaban crían que Purley intentaba extinguir o lume do seu propio coche, logo de escapar ileso dun accidente; non tiñan nin idea de que un segundo piloto estaba involucrado. O equipo acadou a súa primeira meta no GP de Alemaña. Purley tamén finalizou en Italia.
1977
[editar | editar a fonte]LEC regresou ás carreiras de Fórmula Un en 1977 co seu propio chasis LEC deseñado por Mike Pilbeam e dirixido por Mike Earle. Foi neste coche no que sufriu feridas graves nun accidente durante a pre-cualificación para o Gran Premio de Gran Bretaña dese ano. Sobreviviu a unha desaceleración estimada de 179´8 g cando pasou de 173 km/h a 0 en 66 cm., logo de que o seu acelerador se atascara pisado a fondo e batera contra o muro.[2] Durante moitos anos, pensouse que era a máis alta forza g a que xamais sobrevivira un ser humano. Sufriu. múltiples fracturas nas pernas, a pelvis e as costelas.
Resultados Completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Chasis | Motor | Pneu. | Piloto | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | Puntos | Pos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1973 | March 731 | Cosworth DFV 3.0 V8 | G | ARX | BRA | RSA | ESP | BEL | MON | SWE | FRA | GBR | NED | ALE | AUT | ITA | CAN | USA | |||||
David Purley | Ret | NTS | Ret | 15 | 9 | ||||||||||||||||||
1977 | LEC CRP1 | Cosworth DFV 3.0 V8 | G | ARX | BRA | RSA | USW | ESP | MON | BEL | SWE | FRA | GBR | ALE | AUT | NED | ITA | USA | CAN | XPN | — | 0 | |
David Purley | NSC | 13 | 14 | Ret | NSCP |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "LEC Formula one results on chicanef1.com". Formula One Results. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 27 November 2012.
- ↑ Anton Sukup (1977). "David PURLEY Silverstone crash". Consultado o July 31, 2006.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: LEC Refrigeration Racing |